Somos un grupo de persoas, de diferentes referencias ideolóxicas, interesadas en coñecer e espallar a situación en Latinoamérica -que está a vivir un dos seus momentos históricos máis tensos e esperanzadores- así como as súas causas e consecuencias. A Agrupación Xosé Velo, ten como obxectivo básico espallar información veraz da realidade política, social, cultural e… Seguir lendo Agrupación Xosé Velo
Categoría: Actualidade
O Centro
Uma ponte sonora feita de vozes da Galiza e de Portugal.
A Nova Realidade
Programa de radio que logo é gravado para escoitar en formato podcast que fala de actualidade, de asociacións do Concello de Teo, de música galega, de cine, de economía e de Mulleres Galegas Kañeras. O Podcast A Nova Realidade forma parte dunha programación da radio A Xente de Teo que conta con máis podcast e… Seguir lendo A Nova Realidade
Sábados no Cruceiro
Magazine que se emite dende Ferrol, presentado por Joaquín Enríquez, cun foco especial na cultura, entrevistas, música e divulgación académica para todos os públicos.
Carretando
Carretando, nos vieiros da política galega. Podcast que afonda nas cuestións máis relevantes da política galega. Nunha viaxe sonora en autocaravana, desbotamos o mito da obxectividade e apostamos pola pluralidade e honestidade. Divulgación politolóxica, entrevistas, reportaxes e faladoiros sosegados. Apostamos por unha política construtiva e pola participación e integración da cidadanía na mesma. Súbete connosco!
Radio Outeiro
Radio Outeiro, a radio popular e participativa de San Sadurniño. Emisora popular e participativa emitindo dende o Outeiro #SanSadurniño para o mundo.
Galiza Livre
Informaçom livre e sem mordaças ao serviço das vozes críticas do nosso país. Audios de palestras, intervençons e todo tipo de arquivos de interesse para a Galiza que luita. Mais canles aquí.
Té con Gotas
Podcast sobre ideas e actualidade no Reino Unido. Falaremos das últimas novidades do que está acontecendo neste país e entrevistaremos a galegos e galegas que estean traballando en cousas interesantes das que paga a pena aprender. Dirixido por Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela.
Galiza…algo máis
Programa semanal en galego feito desde Catalunya. Presentado e dirixido por un grupo de galegocataláns con inquedanzas no ámbito da actualidade e da cultura.
Arredemo
Programa de humor e actualidade, cheo de retranca e moito espectáculo radiofónico ó estilo morning show.Equipo: David Leiro, Miguel Gómez
Axóuxere
Silvia Tuñas e Anxo Núñez falan dos temas de actualidade que a ti máis che interesan.
Alegría
Falamos de política, temas de actualidade, realizamos entrevistas case en cada programa e adicamos uns minutos á Econova de Bea Ulalume. Todo iso misturado con boa música e un pouco de humor se o tema o permite.
