Silvia Tuñas e Anxo Núñez falan dos temas de actualidade que a ti máis che interesan.
O falangullo axóuxere é o programa semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que falaremos das últimas novas, debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio.
O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos históricos cheos de emoción e significado. Non planeamos un fin para o proxecto e tampouco o realizamos con ánimo de lucro, se non como unha aposta por ofrecer unha alternativa informativa e de debate na rede e na nosa lingua.
Xa que o programa ten un formato bastante dinámico e, no que tentamos sempre falar dos temas de rigurosa actualidade, non podíamos por outro nome mellor ca o Axóuxere. Que mellor metáfora para representar o debate sobre temas de actualidade ca un xoguete no que o único obxectivo é axitalo para que este produza son?
No programa de hoxe, Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández, dan comezo á tempada número 5 con todas as novas de actualidade ás que estamos acostumados e tamén desenvolven a xa tradicional sección de improvisación plena “A Toada”.