Somos un proxecto de radio galega e en galego non profesional, que nace do activismo cultural militante de base para navegar polos novos formatos de difusión dixital.
Un programiña alegre e combativo que aspira acadar semanalmente a túa complicidade para pasarmos xunt@s un tempo feliz. Aspiramos a medrar contigo, a crecer en contidos, seccións e colaboracións. Canta máis xente sexamos, mellor o imos pasar!
A radio da xente wapa!

En tempos de confinamento, chega unha nova edición do Aqui e Agora, un tempo de radio diferente para un país diferente. Diferente tamén porque o facemos básicamente empregando o whatsapp como xeito de nos comunicar para realizar o programa. E aínda asi por aqui andamos, Fátima López, Dani Carballada, Mitas Valencia, Xandro García Regueira e como non… o noso Lois Diéguez!
