RADIO CERNA é a única produción radiofónica de Galiza especializada en medio ambiente e ecoloxismo. Trátase dun proxecto pioneiro no país que, a través do soporte sonoro, aborda a cuestión ambiental e cultural desde unha óptica local.
Nace en 2005 da man de ADEGA.

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.
O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
ADEGA solicita para usos ambientais os 75.000 l/s que pretenden bombear Iberdrola e Naturgy na Ribeira Sacra. Máis de 900 participantes retiran 13 toneladas de lixo no marco da XIX Limpeza Simultánea de Ríos impulsada polo Proxecto Ríos. A Alianza Rural insta a mudar o Plano Forestal para acadar unha lei eficaz contra os incendios. Estas e outras novas da semana, en Radio Cerna!
Tracks: Route 66 / Mechanical
Music by https://www.fiftysounds.com

