Esta versión radiofónica de Ábrete de Orellas repasa concertos no país, novidades discográficas que chegan á redacción orelluda e recupera cancións do pasado máis ou menos recente.
Ábrete de Orellas xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a súa faceta de comentarista musical por diversos medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG … ). En 2003 creou www.abretedeorellas.com, portal especializado en música e concertos na Galiza. Cunha atención especial a artistas, salas e produtoras do país, non pretende crear tendencias, senón divulgar, ser un punto de encontro das diferentes propostas. Máis de 2300 seareir@s en facebook e máis de 20000 visitas no último ano animan a seguir mellorando.

versión radiofónica de Ábrete de orellas.com dirixida por Pepe Cunha. Unha selección musical ecléctica inspirada na axenda de concertos en Galiza e novidades discográficas. Gravado e emitido ao vivo en Rádio FilispiM (a emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol), este programa é redifundido tamén por CUAC FM (A Coruña), A Kalimera (Compostela), Radio Pîratona (Vigo), Radio Fedello (Ourense), Radio Roncudo (Corme) e Onda Neria (Corcubión)
Coincidindo coa entrada do 2018, únense Radio Redondela e Radio Negreira ás redifusións do programa. Tamén nas grellas de PontevedraViva radio e A Xente de Teo
1 Everything But The Girl “Young and Dumb”
2 Antía Muíño “Cien olivos”
3 Leticia Rey “Pel”
4 Amparanoia & Calexico “Corazón de la realidad”
5 Club del Río & María Yfeu “La sombra”
6 Guada feat. Kevin Johansen “La vida”
7 Columna Vegana “Xamón”
8 Secho “40-50”
9 Luis Fercán feat. Iván Ferreiro “Cristales”
10 Toundra “30960”
11 Skanderani “Baraka”
12 Guadalupe Plata “En mi tumba”
13 Lanuca “Caos y perfección”
14 Silvia Penide “Somos vida”

