Programa matinal, dirixido e presentado por Pablo García, con dedicatorias musicais, felicitacións de aniversario, información e entretemento, seccións de humor e entrevistas de actualidade.
Radio Estrada ofrece algúns dos seus programas en formato podcast, visita a súa web para escoller o que máis che guste ou subscríbete ao RSS.

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!
Atentas e atentos á pregunta desta semana!
Porque as abellas constrúen os panais CON FORMA EXAGONAL?
Sorteamos a taza do Salta da cama!!
Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa!
PREMIO
Entre as respostas recibidas levaredes:
Unha taza do Salta da cama!!
️ un boli de cores de Radio Estrada
✨ pegatinas da emisora
e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa
Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero.
Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ó whatsapp 606 20 36 20!

