Programa musical especializado.
Dirixo e presentado por Lois Atanes, o programa procura construír sinerxías musicais plurais sen que o estilo ou o país de procedencia importen. Jazz, ritmos étnicos, canción de autor, folk, música tradicional, sons experimentais… todo pode encaixar a través da calidade como único e indiscutible criterio.
Vigo/Tampere (Spain/Finland) desde 2000.

Canal do programa de radio especializado O Recanto do Corcovado (Radio Crónica Mérida, Cuac FM A Coruña, Radio Municipal de Redondela).
Aquí tedes, en formato podcast, o noso programa número 1507. Foi emitido por diferentes emisoras (Rádio Filispim, RKV Vigo, Radio Municipal de Redondela, Cuac FM A Coruña, Ràdio Gallinera, Radio Neira e Radio Crónica Folk Musical) entre o 15 e o 21 de outubro.
Hai poucas semanas saíu á rúa “Haitarimarinadi”, o novo disco de Antti Paalanen. É un traballo paradoxal, onde o Paalanen máis experimental tenta harmonizar o seu estilo cun certo enfoque humorístico. Abrimos o programa con el e con outras novidades finlandesas: chega ás nosas mans o novo sinxelo dos Ritva Nero, novamente editado por Bafe’s Factory, ademais do último proxecto a dúo de Maria Kalaniemi e Timo Alakotila. Na segunda parte do programa estréovos o primeiro adianto de “Understory”, colección de pezas para piano creadas por Thomas Bartlett (The Gloaming), así como o último disco en solitario de Renzo Ruggiero. Completaremos o programa co primeiro disco de Sulaf, xa no mercado dende hai unha semana.

