Efervesciencia é un dos programas de divulgación científica máis veteranos do dial en toda España.
Naceu en outubro de 2006 da man de Manuel Vicente e polos seus micros xa pasaron ao redor de 1000 científicos.

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 10 horas.
Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)
Presentado e dirixido por Manuel Vicente.
No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.
Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
(5:13) Conversamos con Antón Baleato, cosmólogo que se incorpora ao IGFAE cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, para investigar con novas metodoloxías a expansión acelerada do universo.
(17:19) Un mapa nunca é o territorio: nesta edición poñemos a proba os límites dos mapamundis e descubrimos por que, ao atravesar o bordo sur, non viaxamos como no Pac-Man. Miguel García Álvarez (Mapas Milhaud) danos o contexto para entender a moción da ONU que aprobou, cun só voto en contra, a recomendación de uso de proxeccións equivalentes, como Equal Earth, para representar a terra en ámbitos educativos e de comunicación.
(45:48) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez.
(47:16) A nosa sexóloga Laura Veiga desmonta o mito dos exercicios de Kegel universais e responde por que pode atrasarse a regra sen embarazo. A nosa web oficial http://www.efervesciencia.org

