Magazine que se emite os sábados á tarde na Radio Filispim. Diferentes contidos: entrevistas, música, economía, cine… danse cita os sábados á tarde neste programa conducido por Joaquín Enríquez xunto coa colaboración de Celia Fernández e Félix Puime.
Etiqueta: Entrevistas
Os Contrabandistas
Entrevistas sobre pessoas e suas origens nos diversos pontos da Galiza e Portugal. Histórias, tradições, músicas, festas, gastronomia, cultura, turismo, as relações sócio-econômicas, a nossa língua e os seus diversos sotaques. Estudos sobre a literatura, contexto político e social e historiográfico da Galiza dentro da lusofonia. Suas músicas, cultura, regiões, cidades, aldeias, as questões mal… Seguir lendo Os Contrabandistas
Radio Olvido
Programa musical gravado dende as ruinas da histórica Radio Kalimera, no CSA do Sar, en Santiago de Compostela, Cidade Kapital. Presentado por Emilio P. Cancelo en colaboración con Lukas de Gomariz e outras voces.
Carretando
Carretando, nos vieiros da política galega. Podcast que afonda nas cuestións máis relevantes da política galega. Nunha viaxe sonora en autocaravana, desbotamos o mito da obxectividade e apostamos pola pluralidade e honestidade. Divulgación politolóxica, entrevistas, reportaxes e faladoiros sosegados. Apostamos por unha política construtiva e pola participación e integración da cidadanía na mesma. Súbete connosco!
Bueno Carallo Bueno
A última mala nova do 2020. Outro podcast. Presentado por Silvio Falcón e Alberte Montes.
Vagon 91
Entrevistas de xeito cotián a persoas extraordinarias.
Radio Manoplas
Conversas con persoas con vidas e historias interesantes 😉
Vila Araúxo
Benvid@s a este espazo imaxinario levado por Lois Blanco Araúxo e Carlos Blanco Vila, no que iremos convidando xente que nos presta para falar do que nos pete… coa música e a fábula como fíos condutores.
Café Derby 21
Unha sobremesa cultural e virtual con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. Todos os mércores novo programa.
As Conversas da Lobeira
Novo xeito de consumir algún do contido de A Lobeira today. Hoxe nace As Conversas da Lobeira!! Por aquí iran chegando a razón de un cada domingo, todos os audios dos directos mantidos a través do instagram durante este período de volta á normalidade, e quen sabe se despois tamén.
A Xanela
A Xanela Podcast é un programa de entrevistas e conversas relacionadas coa actualidade social, política e cultural vencellado á revista en liña ‘A Xanela Audiovisual’ na que atoparás máis entrevistas, reflexións e artigos de colaboracións moi diversas.
Entre Nós E As Palavras
Entre nós e as palavras é um programa de conversas com gente que faz cousas interessantes.
Sexto grao
Un podcast bimensual para falar coas persoas seguindo a teoría dos seis graos. Emitindo en Radio Campus Culturae.