Radio Roxar é a radio escolar do Cole de Cea.
Etiqueta: Literatura
Achegando a Literatura Galega
O podcast “Achegando a Literatura Galega” é un espazo no que pai e filla conversan sobre un escritor galego en cada capítulo.
A Autoridade Competente
Facendo canon desde a nosa casa e sen quitarmos as zapatillas. A Malvada Profe, Jon Amil, Marta V. Izaguirre e Ghanito somos a autodenominada autoridade competente.
NALINGUA, lecturas dun neofalante
NALINGUA, Lecturas dun neofalante, é un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega desde a ollada dun de Valladolid. Unha análise sen academicismos nin pretensións, só o xeito dun neofalante de amosar o seu agarimo polo galego e pola súa literatura. Un podcast producido por Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría… Seguir lendo NALINGUA, lecturas dun neofalante
Baleiro Perfecto
Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto. Un podcast que facemos desde o magazine A que cheira, papá? Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.… Seguir lendo Baleiro Perfecto
Gándaras e Salitre
Un espazo para a poesía. Poetas: Teresa Ramiro e Antom Laia.Apartado técnico e produción: Jorge Lama, @raivenra
Álbum das Letras Galegas
Biografias sonoras dos nomes máis importantes da literatura galega. O álbum das letras galegas é un percorrido pola vida e a obra de cinco autores emblemáticos da literatura de Galicia. Grazas ao seu traballo, ao seu talento, á súa valentía e ao seu tesón hoxe en día as letras galegas gozan do respecto, do prestixio… Seguir lendo Álbum das Letras Galegas
Poética Lunik
Poesías siderais. No ano 2030 a terra é volatilizada, os comandantes de sendas naves espaciais son os derradeiros humanos vivos. Perdidos na inmensidade do espazo exterior, sabendo da súa soidade, cando as frecuentes tormentas solares o permiten, contactan para compartir o máis prezado que teñen: Poemas.
