Programa divulgativo en lingua galega na grella da RâdioFilispíM 93.9 FM ou vía streaming dende opaii.blogspot.com.
Etiqueta: Magazine
Divertimento para pequenos monstros
É un espazo de radio independente conducido polo Pequeno Monstro, realizado dende finais dos 80´s. Emitido nas súas orixes por Radio Fene e Radio Kaos, actualmente é parte da grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol). Ademais, é redifundido por Rádio Kalimera, 107.9 FM (libre de Compostela). Durante os seus máis de… Seguir lendo Divertimento para pequenos monstros
Salta da Cama
Programa matinal, dirixido e presentado por Pablo García, con dedicatorias musicais, felicitacións de aniversario, información e entretemento, seccións de humor e entrevistas de actualidade. Radio Estrada ofrece algúns dos seus programas en formato podcast, visita a súa web para escoller o que máis che guste ou subscríbete ao RSS.
Xeración Bravú
Xeración Bravú é o programa da xeración que vai vivir peor ca seus pais. Aqueles mozos e mozas que non teñen futuro, pero sí un sorriso para mudar a realidade! Política, humor, cultura…todo cabe neste programa.
O Malituska 283
Emitindo desde un submarino diésel a profundidade indefinida. Latitude e lonxitude descoñecidas.