Off Mental

OFF MENTAL, a cara “B” da música na cara “B” da radio. Presenta: Pequeno Monstro.

80 Vinilos/h

80 Vinilos/h, un programa de música estatal dos 80´s con especial parada nas rarezas de “La Movida” e inclusión da Enciclopedia Estatal desta década.

O Recanto do Corcovado

Programa musical especializado. Dirixo e presentado por Lois Atanes, o programa procura construír sinerxías musicais plurais sen que o estilo ou o país de procedencia importen. Jazz, ritmos étnicos, canción de autor, folk, música tradicional, sons experimentais… todo pode encaixar a través da calidade como único e indiscutible criterio. Vigo/Tampere (Spain/Finland) desde 2000.

Fantasma Accidental

Música, lémures, fantasmas e outros accidentes. Un programa sobre a música contemporánea galega e as súas conexións, nunha viaxe de ida e volta no tempo e no espazo da man de Jose “Lemur” Abelairas.

Ábrete de Orellas

Esta versión radiofónica de Ábrete de Orellas repasa concertos no país, novidades discográficas que chegan á redacción orelluda e recupera cancións do pasado máis ou menos recente. Ábrete de Orellas xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a… Seguir lendo Ábrete de Orellas

Grandes Vozes do Nosso Mundo

Grandes Vozes do Nosso Mundo é un programa de Radio Burela, dirixido e presentado por Marco Pereira coa colaboración de Silvera Vicente de Oliveira. Unha iniciativa feita desde a Mariña do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes voces do noso mundo. As da música galega e as dos países que acolleron… Seguir lendo Grandes Vozes do Nosso Mundo

Folk in Trío

Folk in Trío é un programa de Cuac FM sobre música folk e tradicional, con especial atención á galega, pero sen esquecer outras rexións. Todo tipo de cultura galega ten cabida neste espazo, que dende Xullo de 2010 está nas ondas para todos vós. A música folk e tradicional dáse cita neste espazo con música… Seguir lendo Folk in Trío