Conversas na Ferrería, o faladoiro semanal. O que sucede, o que inquieta, o que preocupa e o que ocupa a atención dos contertulios e de ti oínte de PontevedraViva Radio.

As Conversas na Ferrería son faladoiros sobre o que sucede, o que preocupa, o que suscita curiosidade ou simplemente sobre o que apetece charlar un intre.
Invitamos a tres mariscadoras da Confraría San Telmo que pertencen tamén á Asociación Cultural Mulleres Mar de Poio. Visibilizan, con motivo do 8M, unha profesión eminentemente exercida por elas. Loli Balea Carballa vén precedida por mulleres mariscadoras na súa familia e as súas dúas fillas tamén o son. Laura Pérez Pousada leva catro anos mariscando e procede de familia mariñeira. Raquel Gómez Moreira é filla e neta de mariscadoras e suma xa unha década traballando na praia de Lourido.
Que consideración tíñase o pasado século da muller mariscadora e como é hoxe?, como cambiaron as súas condicións laborais?, teñen unhas coberturas sociais óptimas?, a súa representación nas confrarías correspóndese á súa capacidade de decisión?, son traballadoras autonómas, pero como concilian vida familiar e profesional?. Charlamos de cuestións como estas durante o programa.
Foto: Mónica Patxot.
