A Lindona de Galicia

A Lindona de Galicia

Esta é a dramatización sonora da obra La Lindona de Galicia coa que o Consello da Cultura Galega conmemora o Día Mundial do Teatro. Escrita a primeiras do século XVII por Andrés de Claramonte, esta peza teatral combina a lingua castelá e a galega. A obra conta unha historia sorprendente: na ambición de facerse co trono de Galicia, o rei García rexeita a súa antiga amante Lindona, unha brava señora que domina o reino desde o seu castelo das terras de Ribadulla.

Dramaturxia e dirección: Tito Asorey
Sonorización: Chus Silva
Intérpretes: Melania Cruz, Sergio Zearreta, Josito Porto e Tito Asorey

Ilustración: Laura Romero.